Páxinas

Datos personales

jueves, 14 de noviembre de 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO




O departamento de física e química levou a cabo o día 12 de outubro, dentro das actividades organizadas pola CGENDL para conmemorar o IV día da ciencia en galego, unha videoconferencia na biblioteca do I.E.S de Porto do Son. Esta conferencia foi seguida por aproximadamente uns 100 centros educativos e uns 5500 alumnos galegos; así no noso centro, participaron os alumnos de 4º ESO e de 1º de bacharelato de ciencias (aprox 80 alumnos).

O relator da conferencia foi o profesor e catedrático de electromagnetismo na facultade de física da USAC Jorge Mira Pérez, coñecido tamén polas súas múltiples achegas a divulgación científica e as súas colaboracións en diferentes programas de prensa, radio e televisión.

Dun xeito ameno, pero non por iso sen rigor científico, o profesor Jorge Mira fixo unha descrición das primeiras medidas astronómicas realizadas polos pensadores gregos. Así, dende a primeira medida da lonxitude terrestre realizada por Eratóstenes de Cirene (276 a.C) no ano 240 a. C. con tan só observar e medir a sombra dunha pequena estaca, ata os cálculos que realizaron Aristarco de Samos (310 a.C) e máis tarde Hiparco de Nicea (190 a.C) e que lles permitiron calcular a distancia da Terra á Lúa e o tamaño desta.

Finalmente, tódolos alumnos tiveron a ocasión de participar nun chat co profesor Jorge Mira onde este respondeu a multitude de dúbidas e curiosidades que lles foron realizadas polos alumnos dos diferentes centros participantes na actividade.