Páxinas

Datos personales

sábado, 3 de diciembre de 2011

Ciencia para neófitos

Cine, literatura, música, pintura, poesía, baile, fotografía, teatro.... pero eres Newtoniano ou Aristotélico. Se premes na imaxe poderás realizar unha pequena proba dos teus coñecementos de ciencias.

viernes, 25 de noviembre de 2011

A gaiola de Faraday

Estes días estivemos os alumnos de 2º de bacharelato construíndo unha gaiola de Faraday. Pode ser que nunca oirades falar dela, pero seguro, que tedes quedado sen cobertura no móbil no interior dun ascensor, ou oíches des falar, que o sitio máis seguro nunha noite de tronada é o coche, e os máis curiosos te rédevos fixado na reixa que ten o microondas, todo isto pódese explicar e comprobar co teorema de Gauss e a xa citada gaiola de Faraday.

O material para a súa elaboración é caro e difícil de conseguir, de tódolos xeitos, aquí tesdes unha fotos.

Esta primeira e unha pequena caixa de papel de aluminio, se metedes o móbil dentro dela observaredes que quedades sen cobertura.

Esta segunda imaxe, amósabos un material máis elaborado, neste caso trátanse de dous coladores, e os efectos son os mesmos que no caso anterior.

viernes, 18 de noviembre de 2011

O átomo segundo Cantinflas

Posiblemente non sexa unha das mellores definicións que teñas escoitado, pero non me negarás, que non é divertida.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Por qué sucede lo que sucede


Hoxe rematei de ler un libro ben curioso. Dun xeito sinxelo, pero con rigor científico, Andrea Frova explica multitude de fenómenos cotiás, o funcionamento de diversos aparellos, a física no deporte, na natureza, os colores etc. Un libro para os curiosos e os amantes da ciencia.

sábado, 9 de abril de 2011

Agora que comezas a estudar a ciencia


Seguro que te tes preguntado como se teñen realizado algúns dos descubrimentos científicos dos que che falan nas clases. Este é un "pequeno libro de só 150 páx" onde se recollen, dun xeito maxistral, quen e como levaron a cabo os decubrimentos técnicos e científicos que pola súa importancia revolucionaron o mundo e o pensamento científico. Desde Marie e Pierre Curie ata Arquímedes ou Pasteur, Isaac Asimov introdúcenos dun xeito ameno na historia da ciencia. Se che gusta a ciencia deberías lelo.

miércoles, 30 de marzo de 2011

A velocidade da Luz

Hai xa uns días propuxen aos meus alumnos de 2º de bacharelato que determinaran a velocidade da luz nas súas casas. Para iso tan só tiñan que empregar un aparello que hoxe en día en común en tódalos nosos fogares, ¡ Un Microondas! si, si, un microondas.
Tan só deberían mirar o seu manual ,ou no seu defecto a placa que teñen na súa parte posterior, e averiguar cal é a frecuencia de funcionamento das ondas coas que traballa. (2450 MHz = 2.450.000.000 Hz)

Un penúltimo paso, determinar a lonxitude das ondas. Para iso, eu empreguei unhas lonchas de queixo, si unhas lonchas de queixo para determinar a velocidade da luz. (outras variantes poden ser o regalíz ou .......) postas as lonchas nun prato e a máxima potencia durante un pouco de tempo obtemos:


No meu caso 10,2 cm (0.102 m) e finalmente cuns sinxelos cálculos:

c = 2450.000.000 x 0,102 = 249.900.000 m/s

¡¡¡ Non está tan mal para unhas lonchas de quiexo !!!


jueves, 24 de febrero de 2011

Un libro de consulta


Hoxe queríavos presentar un libro que, se vos apaixona a ciencia, pode converterse no voso libro de consulta e curiosidade. Eu teño dende hai moito tempo, e logo de reléelo e reléelo aínda hoxe segue despertándome curiosidade. Non debe impresionarvos o seu tamaño, (1147 páxinas), debería ser o voso "dicionario da ciencia" onde podedes atopar infinidade de temas: o Universo, o Sistema solar, a Terra, a atmosfera, os elementos, as partículas, as ondas, a máquina, o reactor, a molécula, as proteínas, a célula, os microorganismos, o corpo, as especies, e a mente. E que libro será este, estarédesvos a preguntar, pois é "Nueva guía de la ciencia" de Isaac Asimov. O meu xa é a sexta edición do ano 2000. Estou seguro, que se vos interesa a ciencia, este libro vai a conquistarvos e converterase no voso "profe" de consulta.

jueves, 13 de enero de 2011

2011 Ano internacional da química



O ano 2011 coincide co centenario da concesion do premio Nobel a Marie Curie. A IUPAC e a UNESCO veñen de facer esta declaración baixo o lema "Chemistry: our live; our future"; para recoñecer a labor da química na satisfacción das necesidades da sociedade e como estímulo dos máis novos na súa aprendizaxe.
Os retos da química para a sostenibilidade da nosa sociedade son enormes: alimentación, auga, enerxía, saúde, transporte etc... e a química como ciencia creativa terá que dar resultados.
Os estudiantes teran ao longo deste ano multitude de actividades, recursos, videos, libros, artículos etc, que intentarei dar a coñecer neste pequeno recuncho. ¡ Ánimo !

Un novo Exoplaneta


E xa se coñecen máis de 300. Hoxe saíu unha noticia no xornal "La Voz de Galicia" na que nos informaban que un novo exoplaneta foi descuberto. O seu nome é "
Kepler-10b" e foi descuberto dentro da misión Kepler da NASA. O telescopio foi lanzado no ano 2009 e está buscando planetas extrasolares nunha rexión do Universo coñecido como "Ricitos de Ouro" ou o que é o mesmo nas zonas "habitables" é dicir, rexións noi moi frías nin noi quentes.
¿Lembras o conto de Ricitos de Ouro ?

Esta misión trata de axudar a dar resposta a unha pregunta que ten inquietado a toda a humanidade dende sempre, ¿poderán existir mundos como o noso ou parellos, noutro lugar do Universo? ¿Ti que cres que é probable?


Por certo, o nome da misión, ¿lémbrache algo?


Imaxínaste como se poden detectar os planetas extrasolares. É inxenioso pero sinxelo, o telescopio está orbitando ao redor da Terra para non estar influído pola atmosfera, e xunto con el van aparellos moi sofisticados, capaces de detectar variaicións moi pequenas no brillo dunha estrela cando un planeta pasa por diante dela. ¿Curioso, non?