Páxinas

Datos personales

martes, 18 de diciembre de 2018

O número de Avogadro


Como se calculou o número de Avogadro?

É unha pregunta que fan os meus alumnos cando descubren o tamaño deste número e a súa importancia nos cálculos químicos.

O primeiro e decirlles que non foi o turinés Amedeo Avogadro senón o francés Jean Baptiste Perrin, gañador do Nobel no ano 1926.


Avogadro propuxo que diferentes gases nas mesmas condicións de temperatura e presión teñen os mesmo número de partículas. ( A presión e a temperatura están relacionadas có movemento e có número de choques destas partículas).


Así 1 gramo de hidróxeno ou 16 gramos de osíxeno exercen a mesma presión se estan á mesma temperatura, e dacordo con Avogadro, nos dous casos debemeos ter o mesmo número de partículas.

Ese número de partículas coñécese como mol (n), tan só nos queda averiguar o seu valor.


Imos alá: se a masa dun átomo de hidróxeno é de 1 uma (1 uma = 1,660538921·10 ^ -24 kg)

Tan só nos queda averiguar cantos átomos hai en 1 gramo de hidróxeno.

ÁNIMO !!

lunes, 26 de noviembre de 2018

Péndulo de Curie


PÉNDULO DE CURIE




Cando un material ferromagnético como o níquel acada a temperatura de Curie ou punto de Curie ( 357º) este deixa de ter un comportamento ferromagnético.

 Xeralmente consideramos os materias ferromagnéticos divididos en dominios magnéticos, e cando se someten  a un campo magnético intenso, os dominios tenden a orientarse con este.

Resultado de imaxes para dominios magneticos


O acadar a da temperatura de Curie, os dominios desordénanse  e o materia abandona o seu comportamento ferromagnético.

jueves, 21 de abril de 2016

¿CIENCIA OU FICCIÓN?

Esta semana celébrase no instituto a semana da ciencia co título de ¿Ciencia ou Ficción?. Os alumnos de 2º de E.S.O. van  realizar unha serie de experiencias que seguramente nos sorprenderán, e que amosarán a tódolos seus compañeiros (proximamente darémolas a coñecer neste blog).

Dende o departamento de física e química propoñemos, unha divertida e curiosa actividade .

Seguros que lembras as aventuras do coiote e do correcamiños. Tamén con eles podemos aprender física. Mira o seguinte vídeo e decide das  #10 aventuras propostas, cales cres que son ciencia e cales ficción.

Anímate e participa.



jueves, 14 de noviembre de 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO




O departamento de física e química levou a cabo o día 12 de outubro, dentro das actividades organizadas pola CGENDL para conmemorar o IV día da ciencia en galego, unha videoconferencia na biblioteca do I.E.S de Porto do Son. Esta conferencia foi seguida por aproximadamente uns 100 centros educativos e uns 5500 alumnos galegos; así no noso centro, participaron os alumnos de 4º ESO e de 1º de bacharelato de ciencias (aprox 80 alumnos).

O relator da conferencia foi o profesor e catedrático de electromagnetismo na facultade de física da USAC Jorge Mira Pérez, coñecido tamén polas súas múltiples achegas a divulgación científica e as súas colaboracións en diferentes programas de prensa, radio e televisión.

Dun xeito ameno, pero non por iso sen rigor científico, o profesor Jorge Mira fixo unha descrición das primeiras medidas astronómicas realizadas polos pensadores gregos. Así, dende a primeira medida da lonxitude terrestre realizada por Eratóstenes de Cirene (276 a.C) no ano 240 a. C. con tan só observar e medir a sombra dunha pequena estaca, ata os cálculos que realizaron Aristarco de Samos (310 a.C) e máis tarde Hiparco de Nicea (190 a.C) e que lles permitiron calcular a distancia da Terra á Lúa e o tamaño desta.

Finalmente, tódolos alumnos tiveron a ocasión de participar nun chat co profesor Jorge Mira onde este respondeu a multitude de dúbidas e curiosidades que lles foron realizadas polos alumnos dos diferentes centros participantes na actividade. 


lunes, 25 de marzo de 2013

Laika


Лайка (Ladra)  en ruso , para nos Laika. Foi unha cadela vagabunda que no ano 1954 entrou a formar parte do programa espacial soviético, converténdose no primeiro ser vivo que orbitou arredor da Terra. Así un 3 de novembro de 1957 foi lanzada dentro da nave Sputnik 2 para pode estudar os efectos do lanzamento e das condicións do espazo exterior. O estres que sufriu e o sobre quecemento da nave por fallos técnicos, provocou a súa morte poucas horas despois do seu lanzamento. Máis tarde a Unión soviética mandou máis cans ao espazo, uns sobreviviron e outros non,  Para Laika e para tódolos animais empregados nas investigacións científicas aí vai esta homenaxe.




jueves, 31 de enero de 2013

As campás de Benjamín Franklin

Como saberedes o estadounidense Benjamín Franklin (1706-1790), coetáneo de I. Newton,  foi un estudoso dos fenómenos eléctricos e é moi coñecido por inventar o pararraios. A el debémoslle os termos positivo e negativo para o estudo da electricidade, segundo os corpos tiveran ou non no seu interior un "fluído eléctrico". Hoxe sabemos que non existe tal "fluído" se non que son as cargas eléctricas dos corpos e o movemento destes (electróns) os que determinan as propiedades eléctricas.

Para os estudos eléctricos dos raios das tormentas, B. Fraklin ideou unhas campás que soarían ante a presenza de cargas eléctricas na atmosfera. Por un lado as campás estaban conectadas a un pararraio e por outro a terra, no noso caso substituímos as "nubes cargadas" pola pantalla do televisor e ..... ale jop xa está.

Ao conectar o televisor, o papel de aluminio recolle as cargas e transmíteas a unha das latas, que se cargará negativamente e inducirá na boliña de aluminio carga eléctrica, que da cordo ca lei de Coulomb se repelerá e golpeará a segunda lata onde as cargas negativas viaxarán a terra descargándose e repetindo o movemento.


martes, 8 de enero de 2013

Sinxelos motores eléctricos



Uns sinxelos motores eléctricos

Cun material do máis sinxelo (imán, fíos, pila, parafuso etc) realizamos uns eficaces motores eléctricos. Trátase dunha experiencia de física dentro do tema de electromagnetismo que están a estudar os alumnos de 2º de bacharelato.