Páxinas

lunes, 25 de marzo de 2013

Laika


Лайка (Ladra)  en ruso , para nos Laika. Foi unha cadela vagabunda que no ano 1954 entrou a formar parte do programa espacial soviético, converténdose no primeiro ser vivo que orbitou arredor da Terra. Así un 3 de novembro de 1957 foi lanzada dentro da nave Sputnik 2 para pode estudar os efectos do lanzamento e das condicións do espazo exterior. O estres que sufriu e o sobre quecemento da nave por fallos técnicos, provocou a súa morte poucas horas despois do seu lanzamento. Máis tarde a Unión soviética mandou máis cans ao espazo, uns sobreviviron e outros non,  Para Laika e para tódolos animais empregados nas investigacións científicas aí vai esta homenaxe.




jueves, 31 de enero de 2013

As campás de Benjamín Franklin

Como saberedes o estadounidense Benjamín Franklin (1706-1790), coetáneo de I. Newton,  foi un estudoso dos fenómenos eléctricos e é moi coñecido por inventar o pararraios. A el debémoslle os termos positivo e negativo para o estudo da electricidade, segundo os corpos tiveran ou non no seu interior un "fluído eléctrico". Hoxe sabemos que non existe tal "fluído" se non que son as cargas eléctricas dos corpos e o movemento destes (electróns) os que determinan as propiedades eléctricas.

Para os estudos eléctricos dos raios das tormentas, B. Fraklin ideou unhas campás que soarían ante a presenza de cargas eléctricas na atmosfera. Por un lado as campás estaban conectadas a un pararraio e por outro a terra, no noso caso substituímos as "nubes cargadas" pola pantalla do televisor e ..... ale jop xa está.

Ao conectar o televisor, o papel de aluminio recolle as cargas e transmíteas a unha das latas, que se cargará negativamente e inducirá na boliña de aluminio carga eléctrica, que da cordo ca lei de Coulomb se repelerá e golpeará a segunda lata onde as cargas negativas viaxarán a terra descargándose e repetindo o movemento.


martes, 8 de enero de 2013

Sinxelos motores eléctricos



Uns sinxelos motores eléctricos

Cun material do máis sinxelo (imán, fíos, pila, parafuso etc) realizamos uns eficaces motores eléctricos. Trátase dunha experiencia de física dentro do tema de electromagnetismo que están a estudar os alumnos de 2º de bacharelato. 



lunes, 15 de octubre de 2012

La puerta de los tres cerrojos


Hoxe quería falarvos dun libro que atopei na biblioteca do noso centro case que de casualidade. Trátase dunha historia bonita e sinxela, case un conto sen grandes adornos lingüísticos, onde dun xeito ameno van a introducirvos, igual que ao protagonista  Nico, nun mundo do máis estraño, nada máis e nada menos que no mundo cuántico. Non debedes ter "medo" a lelo, seguro que cando finalicedes a historia coñeceredes termos como : efecto túnel, Principio de superposición, dilatación do tempo, incluso coñeceredes ao famoso gato de Srödinger, antimateria, neutrino, criptografía cuántica, etc.  Repito trátase dunha narración fácil e xuvenil para alumnos de 1º e 2º de bacharelato e para calquera outro con inquietudes científicas. Sen dúbida o mundo cuántico e este conto sorprenderanvos.

viernes, 17 de agosto de 2012

A figura de Enistein é toda unha icona e non só no mundo estudantil. Neste libro de Robert L. Wolke empregase esta figura como nexo de unión entre o publico e a ciencia. Dun xeito sinxelo e ameno realízanse ensaios sobre os temas máis diversos. Un libro moi entretido, con aclaración como as que Einstein podería ter feito ao seu barbeiro ¿Algunha vez iría ao barbeiro?.

Algunhas das aclaracións coas que se pretende encantar e marabillar e aos lectores son entre outras moitas : ¿¿Porque os espellos inverten a dereita e a esquerda e non o arriba e o abaixo?  ¿¿ Por que o llaneiro solitario emprega balas de prata? ¿Por que o ceo é azul ? etc etc etc ...


jueves, 16 de agosto de 2012

MarinoFeQ ¡FINALISTA!

O proxecto "MarinoFeQ"  acaba de recibir un gran recoñecemento ao ser seleccionado como finalista na edición 2012 de " EDUCARED ". Trátase dun premio internacional que otorga a fundación telefónica aos mellores traballos no ámbito educativo que favorexcan a  innovación das TICs na educación, a motivación dos alumnos e educación participativa. A mediados de setembro saberemos cales son os traballos gañadores.



lunes, 23 de abril de 2012

Os elementos químicos

Non me diredes, que non é unha boa introdución para desperta interese por coñecer esas partículas minúsculas, atemporales e presentes en tódalas partes do Universo, as mesmas que forman as estrelas, as galaxias e mesmo a nos mesmos, e que dunha forma constante e inmutable seguirán a formar parte deste inmenso Universo. Eses átomos que agora mesmo permiten a túa existencia, non saben dela, e quen imaxina, se nun futuro non moi afastado poderán formar parte da calquera anfibio, planta, ou vai ti saber; do podes estar seguro, e que nun pasado, si formastes parte dunha estrela.