Hoxe quería falarvos dun libro que atopei na biblioteca do noso centro case que de casualidade. Trátase dunha historia bonita e sinxela, case un conto sen grandes adornos lingüísticos, onde dun xeito ameno van a introducirvos, igual que ao protagonista Nico, nun mundo do máis estraño, nada máis e nada menos que no mundo cuántico. Non debedes ter "medo" a lelo, seguro que cando finalicedes a historia coñeceredes termos como : efecto túnel, Principio de superposición, dilatación do tempo, incluso coñeceredes ao famoso gato de Srödinger, antimateria, neutrino, criptografía cuántica, etc. Repito trátase dunha narración fácil e xuvenil para alumnos de 1º e 2º de bacharelato e para calquera outro con inquietudes científicas. Sen dúbida o mundo cuántico e este conto sorprenderanvos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario