Páxinas

miércoles, 30 de marzo de 2011

A velocidade da Luz

Hai xa uns días propuxen aos meus alumnos de 2º de bacharelato que determinaran a velocidade da luz nas súas casas. Para iso tan só tiñan que empregar un aparello que hoxe en día en común en tódalos nosos fogares, ¡ Un Microondas! si, si, un microondas.
Tan só deberían mirar o seu manual ,ou no seu defecto a placa que teñen na súa parte posterior, e averiguar cal é a frecuencia de funcionamento das ondas coas que traballa. (2450 MHz = 2.450.000.000 Hz)

Un penúltimo paso, determinar a lonxitude das ondas. Para iso, eu empreguei unhas lonchas de queixo, si unhas lonchas de queixo para determinar a velocidade da luz. (outras variantes poden ser o regalíz ou .......) postas as lonchas nun prato e a máxima potencia durante un pouco de tempo obtemos:


No meu caso 10,2 cm (0.102 m) e finalmente cuns sinxelos cálculos:

c = 2450.000.000 x 0,102 = 249.900.000 m/s

¡¡¡ Non está tan mal para unhas lonchas de quiexo !!!


jueves, 24 de febrero de 2011

Un libro de consulta


Hoxe queríavos presentar un libro que, se vos apaixona a ciencia, pode converterse no voso libro de consulta e curiosidade. Eu teño dende hai moito tempo, e logo de reléelo e reléelo aínda hoxe segue despertándome curiosidade. Non debe impresionarvos o seu tamaño, (1147 páxinas), debería ser o voso "dicionario da ciencia" onde podedes atopar infinidade de temas: o Universo, o Sistema solar, a Terra, a atmosfera, os elementos, as partículas, as ondas, a máquina, o reactor, a molécula, as proteínas, a célula, os microorganismos, o corpo, as especies, e a mente. E que libro será este, estarédesvos a preguntar, pois é "Nueva guía de la ciencia" de Isaac Asimov. O meu xa é a sexta edición do ano 2000. Estou seguro, que se vos interesa a ciencia, este libro vai a conquistarvos e converterase no voso "profe" de consulta.

jueves, 13 de enero de 2011

2011 Ano internacional da química



O ano 2011 coincide co centenario da concesion do premio Nobel a Marie Curie. A IUPAC e a UNESCO veñen de facer esta declaración baixo o lema "Chemistry: our live; our future"; para recoñecer a labor da química na satisfacción das necesidades da sociedade e como estímulo dos máis novos na súa aprendizaxe.
Os retos da química para a sostenibilidade da nosa sociedade son enormes: alimentación, auga, enerxía, saúde, transporte etc... e a química como ciencia creativa terá que dar resultados.
Os estudiantes teran ao longo deste ano multitude de actividades, recursos, videos, libros, artículos etc, que intentarei dar a coñecer neste pequeno recuncho. ¡ Ánimo !

Un novo Exoplaneta


E xa se coñecen máis de 300. Hoxe saíu unha noticia no xornal "La Voz de Galicia" na que nos informaban que un novo exoplaneta foi descuberto. O seu nome é "
Kepler-10b" e foi descuberto dentro da misión Kepler da NASA. O telescopio foi lanzado no ano 2009 e está buscando planetas extrasolares nunha rexión do Universo coñecido como "Ricitos de Ouro" ou o que é o mesmo nas zonas "habitables" é dicir, rexións noi moi frías nin noi quentes.
¿Lembras o conto de Ricitos de Ouro ?

Esta misión trata de axudar a dar resposta a unha pregunta que ten inquietado a toda a humanidade dende sempre, ¿poderán existir mundos como o noso ou parellos, noutro lugar do Universo? ¿Ti que cres que é probable?


Por certo, o nome da misión, ¿lémbrache algo?


Imaxínaste como se poden detectar os planetas extrasolares. É inxenioso pero sinxelo, o telescopio está orbitando ao redor da Terra para non estar influído pola atmosfera, e xunto con el van aparellos moi sofisticados, capaces de detectar variaicións moi pequenas no brillo dunha estrela cando un planeta pasa por diante dela. ¿Curioso, non?