E xa se coñecen máis de 300. Hoxe saíu unha noticia no xornal "La Voz de Galicia" na que nos informaban que un novo exoplaneta foi descuberto. O seu nome é "Kepler-10b" e foi descuberto dentro da misión Kepler da NASA. O telescopio foi lanzado no ano 2009 e está buscando planetas extrasolares nunha rexión do Universo coñecido como "Ricitos de Ouro" ou o que é o mesmo nas zonas "habitables" é dicir, rexións noi moi frías nin noi quentes.
¿Lembras o conto de Ricitos de Ouro ?
Esta misión trata de axudar a dar resposta a unha pregunta que ten inquietado a toda a humanidade dende sempre, ¿poderán existir mundos como o noso ou parellos, noutro lugar do Universo? ¿Ti que cres que é probable?
Por certo, o nome da misión, ¿lémbrache algo?
Imaxínaste como se poden detectar os planetas extrasolares. É inxenioso pero sinxelo, o telescopio está orbitando ao redor da Terra para non estar influído pola atmosfera, e xunto con el van aparellos moi sofisticados, capaces de detectar variaicións moi pequenas no brillo dunha estrela cando un planeta pasa por diante dela. ¿Curioso, non?

No hay comentarios:
Publicar un comentario