Hoxe quería falarvos dun libro que atopei na biblioteca do noso centro case que de casualidade. Trátase dunha historia bonita e sinxela, case un conto sen grandes adornos lingüísticos, onde dun xeito ameno van a introducirvos, igual que ao protagonista Nico, nun mundo do máis estraño, nada máis e nada menos que no mundo cuántico. Non debedes ter "medo" a lelo, seguro que cando finalicedes a historia coñeceredes termos como : efecto túnel, Principio de superposición, dilatación do tempo, incluso coñeceredes ao famoso gato de Srödinger, antimateria, neutrino, criptografía cuántica, etc. Repito trátase dunha narración fácil e xuvenil para alumnos de 1º e 2º de bacharelato e para calquera outro con inquietudes científicas. Sen dúbida o mundo cuántico e este conto sorprenderanvos.
Páxinas
lunes, 15 de octubre de 2012
viernes, 17 de agosto de 2012
A figura de Enistein é toda unha icona e non só no mundo estudantil. Neste libro de Robert L. Wolke empregase esta figura como nexo de unión entre o publico e a ciencia. Dun xeito sinxelo e ameno realízanse ensaios sobre os temas máis diversos. Un libro moi entretido, con aclaración como as que Einstein podería ter feito ao seu barbeiro ¿Algunha vez iría ao barbeiro?.
Algunhas das aclaracións coas que se pretende encantar e marabillar e aos lectores son entre outras moitas : ¿¿Porque os espellos inverten a dereita e a esquerda e non o arriba e o abaixo? ¿¿ Por que o llaneiro solitario emprega balas de prata? ¿Por que o ceo é azul ? etc etc etc ...
jueves, 16 de agosto de 2012
MarinoFeQ ¡FINALISTA!
O proxecto "MarinoFeQ" acaba de recibir un gran recoñecemento ao ser seleccionado como finalista na edición 2012 de " EDUCARED ". Trátase dun premio internacional que otorga a fundación telefónica aos mellores traballos no ámbito educativo que favorexcan a innovación das TICs na educación, a motivación dos alumnos e educación participativa. A mediados de setembro saberemos cales son os traballos gañadores.
lunes, 23 de abril de 2012
Os elementos químicos
Non me diredes, que non é unha boa introdución para desperta interese por coñecer esas partículas minúsculas, atemporales e presentes en tódalas partes do Universo, as mesmas que forman as estrelas, as galaxias e mesmo a nos mesmos, e que dunha forma constante e inmutable seguirán a formar parte deste inmenso Universo. Eses átomos que agora mesmo permiten a túa existencia, non saben dela, e quen imaxina, se nun futuro non moi afastado poderán formar parte da calquera anfibio, planta, ou vai ti saber; do podes estar seguro, e que nun pasado, si formastes parte dunha estrela.
martes, 10 de abril de 2012
Os congresos Solvay
Unha imaxe que é unha icona da ciencia. Grazas ao mecenazgo de Ernest Solvay, celebrábanse en Bruselas dende comenzos do século XX unha serie de congresos científicos, neste caso, no 5º congreso no ano 1927 reuníreonse os máis importantes científicos da época, moitos deles resultaránche coñecidos (Fila superior, de esquerda a dereita) A. Piccard, E. Henriot, P. Ehrenfest, Ed. Herzen, Th. De Donder, E. Schrödinger, E. Verschaffelt, W. Pauli, W. Heisenberg, R.H. Fowler, L. Brillouin. (Fila intermedia, de esquerda a dereita) P. Debye, M. Knudsen, W.L. Bragg, H.A. Kramers, P.A.M. Dirac, A.H. Compton, L. de Broglie, M. Born, N. Bohr. (Fila inferior, de esquerda a dereita) I. Langmuir, M. Planck, Madame. Curie, H.A. Lorentz, A. Einstein, P. Langevin, Ch. E. Guye, C.T.R. Wilson, e O.W. Richardson.
Tomeime a liberdade de poñer en negrilla os que eu penso que che soarán máis.
Tomeime a liberdade de poñer en negrilla os que eu penso que che soarán máis.
Etiquetas:
http://www.blogger.com/img/blank.gif
lunes, 9 de abril de 2012
The pale blue dot
Navegando pola internet atopei este video que, penso eu, deberíanos facer pensar durante uns instantes, non perdas de velo.
domingo, 19 de febrero de 2012
Un bo libro de física e ademais divertido

Se che gusta a física, e estás cansado de escoitarme na clase sempre os mesmos exemplos, neste libro poderás atopar algo distinto para entender á física. As ondas, a electricidade,o magnetismo, a enerxía, as leis de Newton, a teoría da relatividade,a física cuántica, o campo gravitatorio, a radioactividade, a física do estado sólido etc , etc... Tódolos temas poden ser introducidos dunha forma sinxela se empregamos os exemplos axeitados. Se che entusiasma a física, e es alumno de 1º ou 2º de bacharelato deberías botarlle unha ollada, pois está na biblioteca do instituto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)