Páxinas

lunes, 9 de abril de 2012

The pale blue dot

Navegando pola internet atopei este video que, penso eu, deberíanos facer pensar durante uns instantes, non perdas de velo.

domingo, 19 de febrero de 2012

Un bo libro de física e ademais divertido


Hoxe rematei de ler " La física de los superhéroes" un libro de divulgación científica escrito por "James Kakalios".
Se che gusta a física, e estás cansado de escoitarme na clase sempre os mesmos exemplos, neste libro poderás atopar algo distinto para entender á física. As ondas, a electricidade,o magnetismo, a enerxía, as leis de Newton, a teoría da relatividade,a física cuántica, o campo gravitatorio, a radioactividade, a física do estado sólido etc , etc... Tódolos temas poden ser introducidos dunha forma sinxela se empregamos os exemplos axeitados. Se che entusiasma a física, e es alumno de 1º ou 2º de bacharelato deberías botarlle unha ollada, pois está na biblioteca do instituto.


sábado, 3 de diciembre de 2011

Ciencia para neófitos

Cine, literatura, música, pintura, poesía, baile, fotografía, teatro.... pero eres Newtoniano ou Aristotélico. Se premes na imaxe poderás realizar unha pequena proba dos teus coñecementos de ciencias.

viernes, 25 de noviembre de 2011

A gaiola de Faraday

Estes días estivemos os alumnos de 2º de bacharelato construíndo unha gaiola de Faraday. Pode ser que nunca oirades falar dela, pero seguro, que tedes quedado sen cobertura no móbil no interior dun ascensor, ou oíches des falar, que o sitio máis seguro nunha noite de tronada é o coche, e os máis curiosos te rédevos fixado na reixa que ten o microondas, todo isto pódese explicar e comprobar co teorema de Gauss e a xa citada gaiola de Faraday.

O material para a súa elaboración é caro e difícil de conseguir, de tódolos xeitos, aquí tesdes unha fotos.

Esta primeira e unha pequena caixa de papel de aluminio, se metedes o móbil dentro dela observaredes que quedades sen cobertura.

Esta segunda imaxe, amósabos un material máis elaborado, neste caso trátanse de dous coladores, e os efectos son os mesmos que no caso anterior.

viernes, 18 de noviembre de 2011

O átomo segundo Cantinflas

Posiblemente non sexa unha das mellores definicións que teñas escoitado, pero non me negarás, que non é divertida.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Por qué sucede lo que sucede


Hoxe rematei de ler un libro ben curioso. Dun xeito sinxelo, pero con rigor científico, Andrea Frova explica multitude de fenómenos cotiás, o funcionamento de diversos aparellos, a física no deporte, na natureza, os colores etc. Un libro para os curiosos e os amantes da ciencia.

sábado, 9 de abril de 2011

Agora que comezas a estudar a ciencia


Seguro que te tes preguntado como se teñen realizado algúns dos descubrimentos científicos dos que che falan nas clases. Este é un "pequeno libro de só 150 páx" onde se recollen, dun xeito maxistral, quen e como levaron a cabo os decubrimentos técnicos e científicos que pola súa importancia revolucionaron o mundo e o pensamento científico. Desde Marie e Pierre Curie ata Arquímedes ou Pasteur, Isaac Asimov introdúcenos dun xeito ameno na historia da ciencia. Se che gusta a ciencia deberías lelo.